Benvidas e benvidos á páxina web que tentará mostrarvos o que en Itaca fixemos no campamento de verán do 2013. Tentamos argallar unha actividade na que misturar dinámicas propias de proxectos de tempo libre para nenos/as e mozos/as, con propostas novidosas para coñecer de primeira man o patrimonio cultural (material e inmaterial) da zona visitada, a través dos seus protagonistas e do diálogo interxeracional.
No 2013 visitamos o Courel: estivemos acampados 13 días na Ermida, en Quiroga, enclave moi especial polo seu rico patrimonio cultural e paisaxístico. Nos primeiros días do campamento sempre gustamos de preparar actividades de descuberta da contorna, mais este ano quixemos, aproveitando a nosa participación do proxecto europeo 'Dialogue for Tomorrow' do programa Grundtvig de Aprendizaxe Permanente, experimentar con novas metodoloxías para incorporar dinámicas de diálogo interxeracional en proxectos de animación e educación no tempo libre para mozos/as e nenos/as. A experiencia, 'Quiroga Viva', foi moi reveladora e aquí daremos conta de como foi o proceso e cales foron os resultados da iniciativa.
Non obstante, non queremos comezar sen agradecer enormemente a colaboración de Ramón Vila Anca, técnico no Concello de Quiroga, que sen el non nos sería posible atopar aos protagonistas do proxecto: homes e mulleres depositarios de tantos saberes e escaparates vivos da cultura quiroguesa. Moitísimas grazas a el e a estes verdadeiros tesouros vivos!
Tedes aquí en resumiño (en inglés).