'Dialogue for Tomorrow' é un proxecto de asociación de aprendizaxe apoiado polo programa de aprendizaxe permanente Grundtvig da Comisión Europea. Unha asociación de aprendizaxe é un marco para realizar actividades de cooperación a pequena escala entre organizacións que traballan no ámbito da educación de persoas adultas no seu sentido máis amplo. Céntranse máis nos procesos que nos resultados, e pretenden ampliar a participación de organizacións que desexan incluír a cooperación europea nas súas actividades educativas. Nunha asociación de aprendizaxe o profesorado e o alumnado de ao menos tres países participantes traballan conxuntamente nun ou máis temas de interese común para as organizacións parceiras. Este intercambio de experiencias, prácticas e métodos contribúe a un maior coñecemento da variada cultura europea, do seu ámbito social e económico e a entender mellor as áreas de interese común.
Tras a observación da importancia do diálogo interxeracional e a recomendación da Unión Europea para o ano 2012 como Ano Europeo de Envellecemento Activo, seis entidades de seis países europeos decidiron desenvolver un proxecto baseado na experiencia e historia de vida dos nosos/as maiores e a aprendizaxe mutua entre xeracións. Co nome de 'Dialogue for Tomorrow' buscouse apoio a través do programa Grundtvig, e desde agosto de 2012 levamos desenvolvendo distintas iniciativas para propiciar o diálogo interxeracional:

- Analizar e compartir boas prácticas nos países parceiros na comunicación e diálogo interxeracional.
- Organizar un foro en liña para facilitar o intercambio de experiencias.
- Visitar aos países parceiros para o intercambio directo de experiencias e para a formación práctica de metodoloxías novidosas.
- Organizar actividades locais destinadas á construción de redes interxeracionais dentro das comunidades: recollida de historias das comunidades locais e levalas a nivel europeo durante os eventos internacionais.