Na asociación cultural e xuvenil ITACA, avalada por unha experiencia de máis de trinta anos, desenvolvemos o noso ideario e proxecto educativo baseado na participación, a acción, o xogo, a aventura e a cultura galega, a través de iniciativas de animación sociocultural no tempo libre para a infancia e mocidade. A nosa misión é educar descubrindo o valor da amizade, do traballo e o esforzo persoal e colectivo, do contacto coa natureza.
Programamos actividades ao longo do curso escolar que culminan no campamento de verán que, todos os anos alá polo mes de xullo, visita un enclave diferente da xeografía galega para exploralo a ritmo de calcetín e coñecer as súas xentes e paisaxes. Tamén organizamos tres roteiros (un por trimestre), actividades de convivio no local, na nosa escola non formal das artes ten un protagonismo fundamental a música e o baile galego, a ludoteca aberta para as familias con nenos/as pequenos/as... e tamén participamos en proxectos de ámbito europeo do máis variado.