XUSTIFICACIÓN e PREPARACIÓN
'Quiroga Viva' é un proxecto de diálogo interxeracional e divulgación do patrimonio cultural no tempo libre de nenos/as e mozos/as, froito de tres casuísticas que se deron a un tempo na Asociación Itaca:
O reto non era doado por numerosas razóns:
Polo tanto, os obxectivos que nos marcamos foron:
IDENTIFICACIÓN DOS LIBROS: os contactos cos Libros Vivos fixéronse a través das recomendacións do técnico de cultura do Concello de Quiroga. Logo de chamar por teléfono e explicar en que consistía a actividade, concertamos entrevistas para facer un achegamento máis en profundidade, resolver dúbidas e atender ás necesidades de cada un deles.
ENTREVISTAS: todas as entrevistas fixéronse entre o sábado 20 e o domingo 21 de xullo, co campamento xa iniciado, ao mesmo tempo que se remataba de concibir a actividade e os itinerarios dos grupos. Os distintos encontros foron fantásticos, entenderon perfectamente en que consistía a actividade e todos mostraron a súa disposición a colaborar no proxecto.
ITINERARIOS: concepción de planos e itinerarios das rutas a seguir. Consideramos imprescindible que fosen os propios nenos/as do campamento os que se achegasen aos Libros e non ao revés, que coñecesen a súa historia de vida directamente no entorno onde se sucede, para que a experiencia e a aprendizaxe fose máis significativa. Isto supuxo ter que preparar seis itinerarios distintos (un por grupo) para plasmalos nos planos que ían formar parte da dinámica lúdica e de orientación no terreo.
- Participación no proxecto europeo 'Dialogue for Tomorrow' apoiado polo programa Grundtvig de Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea.
- Organización, deseño e programación do campamento de verán que todos os anos visita un enclave distinto da xeografía galega.
- Coñecemento do proxecto 'Bibliotecas Viventes', da man dos nosos compañeiros de Xandobela. Nunha Biblioteca Vivente os Libros son persoas, persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo. Para ser Libro non cómpre ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón contar con experiencia vital ou saberes cos que poder ilustrar a outras persoas que descoñecen e teñen curiosidade.
O reto non era doado por numerosas razóns:
- Metodoloxía non testada en actividades e proxectos deste estilo. Necesidade de adaptar a metodoloxía con dinámicas propias de campamentos de verán. Necesidade paralela de ter que incorporar o desenvolvemento da Biblioteca Vivente á temática xeral do campamento.
- Descoñecemento de Quiroga e falta de contactos para identificar os Libros Vivos participantes na Biblioteca Vivente. Distancia a Quiroga e necesidade de traballar vía correo electrónico ou vía telefónica. Non poder coñecer aos Libros Vivos en persoa ata a mesma chegada ao campamento, dous días antes da realización da Biblioteca Vivente.
- Xestión do tempo e dos calendarios: coordinar horarios e calendario cun gran número de xente implicada.
Polo tanto, os obxectivos que nos marcamos foron:
- Experimentar con novas metodoloxías no ámbito da educación no tempo libre para o diálogo interxeracional e a divulgación do patrimonio cultural.
- Dar a coñecer o patrimonio cultural de Quiroga aos nenos/as participantes no campamento de verán a través do diálogo cos seus veciños/as, auténticos protagonistas e coñecedores da súa historia e cultura.
- Divulgar e compartir a experiencia a través das novas tecnoloxías e a recreación libre do aprendido por parte dos rapaces/zas participantes.
IDENTIFICACIÓN DOS LIBROS: os contactos cos Libros Vivos fixéronse a través das recomendacións do técnico de cultura do Concello de Quiroga. Logo de chamar por teléfono e explicar en que consistía a actividade, concertamos entrevistas para facer un achegamento máis en profundidade, resolver dúbidas e atender ás necesidades de cada un deles.
ENTREVISTAS: todas as entrevistas fixéronse entre o sábado 20 e o domingo 21 de xullo, co campamento xa iniciado, ao mesmo tempo que se remataba de concibir a actividade e os itinerarios dos grupos. Os distintos encontros foron fantásticos, entenderon perfectamente en que consistía a actividade e todos mostraron a súa disposición a colaborar no proxecto.
ITINERARIOS: concepción de planos e itinerarios das rutas a seguir. Consideramos imprescindible que fosen os propios nenos/as do campamento os que se achegasen aos Libros e non ao revés, que coñecesen a súa historia de vida directamente no entorno onde se sucede, para que a experiencia e a aprendizaxe fose máis significativa. Isto supuxo ter que preparar seis itinerarios distintos (un por grupo) para plasmalos nos planos que ían formar parte da dinámica lúdica e de orientación no terreo.
DATOS TÉCNICOS
Localización do campamento: A Ermida, Concello de Quiroga.
Datas do campamento: do 19 ao 31 de xullo de 2013.
Data de realización da Biblioteca Vivente: luns 22 de xullo de 2013, durante toda a xornada.
Equipo técnico: 12 monitores/as.
Rapaces/zas participantes: 40 nenos/as-mozos/as de entre 8 e 18 anos.
Libros Vivos: 6 veciños/as do Concello de Quiroga representantes do seu rico e importante patrimonio cultural.
Manola: o tecido e a produción textil.
Agapito: o ferro e as fraguas en Quiroga.
Dani: o traballo coa castaña na actualidade.
Guillermo: o aceite e o muíño de Bendilló.
Barucho: a madeira e a carpintaría.
Amador: o mel.
Material preciso: 6 gravadoras de vídeo, mapas e planos, follas cos retos e misións a conseguir. Dous coches.

DESENVOLVEMENTO
O grupo de rapaces/zas dividiuse en seis pequenos grupos (a través dunha carta misteriosa que chegou ao buzón do campamento na mañá do luns 22) e a cada un propúxoselle unha misión/reto a resolver, de xeito secreto e cun tempo máximo (4 horas). Administróuselles tamén un macuto con obxectos, información... coa única indicación de que o gardasen ben pois lles poderían resultar útil nalgún momento da misión (mapa, un sobre lacrado, unha torta de Santiago; unha cámara de vídeo...). Cada grupo tiña unha misión distinta que cumprir e o material achegado no petate, por conseguinte, tamén era diferente, pero os puntos en común eran ter que seguir o itinerario marcado no respectivo mapa (algúns equipos foron a andar, outros tiveron que coller o coche...) e deixar constancia gravada de todo o acontecido desde ese mesmo momento en diante. Unha vez chegado ao destino final marcado no mapa, poderían abrir o sobre lacrado onde se especificarían novos retos a conseguir. O destino final era a ubicación do respectivo Libro Vivo, e o sobre lacrado contiña unha serie de preguntas ás que tiñan que lle dar resposta (preguntas relacionadas co oficio ou coa historia vital do Libro Vivo).
Parte da misión común que compartían os seis equipos era que ás 14h tiñan que estar na piscina de Quiroga para xantar todos xuntos. Logo do xantar e dun chapuzón (tendo que seguir mantendo o segredo...), encamiñámonos de novo ao campamento base, na Ermida (a media horiña andando). Alí, cada equipo contou cun tempo para autoorganizarse e deseñar unha proposta escénica (a que quixesen: teatro, música...) para amosar o acontecido e o aprendido ao resto dos equipos.